Pestanas principais

>Obradoiro de cianotipia "Fotografando as herbas de San Xoán"

Venres, 21 xuño, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 21 de xuño, ás 18:00 horas, Alouette Machine levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Fotografando as herbas de San Xoán". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga. Ademais servirán para ir aprendendo a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

É precisa inscrición previa, entre o 14 e o 20 de xuño, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.