Pestanas principais

Os integrantes da asociación Arcea-Adames visitaron esta mañá a Casa do Concello

Martes, 26 de marzo de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, recibiu esta mañá a visita dos usuarios e usuarias da asociación Arcea-Adames, que se achegaron á casa consistorial para coñecer de primeira man o traballo da Corporación municipal. Así mesmo, tamén puideron trasladar aos membros da corporación as súas dúbidas e suxestións.

Esta mañá, un grupo de usuarios e usuarias da asociación Arcea-Adames visitaron as instalacións do Concello de Ames para coñeceren da man de parte do Goberno local como funciona a administración municipal. Deste xeito, acompañados de varios membros da Corporación e de dúas educadoras, dez dos doce integrantes da asociación acudiron ao Salón de Plenos do Concello onde o alcalde, Blas García, explicou como se toman as decisións nun concello e o mecánica de funcionamento do Pleno Municipal. Ademais, os integrantes da asociación puideron trasladar ao Goberno local as súas dúbidas e suxestións.

Nesta visita estiveron acompañados do alcalde de Ames, Blas García e de todos os concelleiros que conforman o goberno municipal. Ademais, estiveron presentes Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego, concelleiros do Partido Popular de Ames; Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, do BNG de Ames; e Luísa Feijoo, de Espazo Común.

O alcalde, Blas García, recoñeceu a importante función que realiza Arcea-Adames en todo o concello e a concelleira de Benestar Social, Uxía García, trasladoulle a vontade do Goberno de seguir colaborando en “todo o que nos sea posible para facilitar o traballo desta asociación”.

Deste xeito, resolveron varias dúbidas e inquedanzas, e trasladaron algunhas suxestións e peticións ao Goberno local. Ademais, os concelleiros e concelleiras coñeceron de primeira man o traballo que realizan desde Arcea-Adames, que ofrece terapia ocupacional para persoas con discapacidade intelectual co obxectivo de que sexan o máis autónomos posible. Para finalizar a visita, o alcalde de Ames amosou o bastón de mando e o libro de visitas da casa consistorial.

Os integrantes da asociación Arcea-Adames visitaron esta mañá a Casa do Concello

Multimedia

  • Os integrantes da asociación Arcea-Adames visitaron esta mañá a Casa do Concello