Pestanas principais

Preséntanse os novos vehículos de Urbaser para o servizo municipal de limpeza viaria

Venres, 19 de abril de 2024

Esta mañá presentáronse na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, os novos vehículos do servizo de limpeza viaria que presta a empresa Urbaser. Presentáronse un total de 10 vehículos, dos cales 3 son eléctricos, e os 7 restantes son de combustión diésel. Algúns deles xa se veñen empregando e outros incorpóranse para a prestación de dito servizo. Ditos vehículos teñen un sistema de control mediante GPS para coñecer por onde se presta o servizo, o número de quilómetros que percorren, entre outras funcionalidades. Tamén permiten un considerable aforro no consumo e redución da pegada de carbono. Ademais aproveitouse o acto para presentar a nova identidade gráfica da empresa Urbaser no concello de Ames que foi rotulada nestes vehículos.

O alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e mailo concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández, estiveron esta mañá co xefe de servizo, Ángel Fagilde, co delegado da empresa Urbaser, Nemesio López, e o encargado de dita empresa en Ames, José Neira, no acto de presentación dos novos vehículos do servizo de limpeza viaria que presta a empresa Urbaser. Por parte do Concello de Ames tamén asistiron o técnico do Ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente, e o encargado da Brigada municipal de obras, Juan Calvo.

Presentáronse un total de 10 vehículos, dos cales 3 son eléctricos (unha furgoneta de inspección que emprega o encargado do servizo; un vehículo con caixa abatible sobre camión; e unha hidrolimpadora sobre camión), e os 7 restantes son de combustión diésel (punto limpo móbil; cisterna sobre camión para baldeo e rega; varredora e aspiradora autopropulsada con bomba de alta presión; camión con caixa abatible caybol con plataforma elevadora; 2 varredoras e aspiradoras autopropulsadas; e unha lavabeirarrúas). Algúns deles xa se veñen empregando e outros incorpóranse para a prestación de dito servizo.

Ditos vehículos teñen un sistema de control mediante GPS para coñecer por onde se presta o servizo, o número de quilómetros que percorren, entre outras funcionalidades. Tamén permiten un considerable aforro no consumo e redución da pegada de carbono. Ademais aproveitouse o acto para presentar tamén a nova identidade gráfica da empresa Urbaser no concello de Ames que foi rotulada nestes vehículos.

Limpeza viaria e recollida de enseres e voluminosos
O alcalde de Ames, Blas García, explicou “estes vehículos encargaranse da limpeza viaria, pero tamén doutros servizos como a recollida de enseres e voluminosos, tanto en urbano como no rural.  Esta era unha das preocupacións que tiñamos e un dos motivos polos que ampliamos este contrato, ademais de amplialo para zonas urbanas onde non se atendía anteriormente”.

O rexedor municipal engadiu “traemos nova maquinaria, tanto en camión de recollida como camión cisterna con capacidade para 10 mil litros de auga, novas varredoras con sistema de aspiración traseiro con posibilidade de incorporar novos cepillos. E tamén algo moi importante, sobre todo nos tempos nos que estamos, como é os vehículos eléctricos. Incrementouse a frota destes vehículos, sobre todo para darlle servizo ao propio persoal de Urbaser para desprazarse. Isto o que trouxo foi un incremento na plantilla de persoal, sumando así postos de traballo”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explicou que “Urbaser encárgase desde fai 17 anos da limpeza viaria en Bertamiráns e O Milladoiro, aínda que co novo contrato incrementaron os seus servizos cun punto limpo móbil e coa recollida de voluminosos baixo demanda. Estamos encantados coa calidade dos novos vehículos, aos que se lle suman novos exemplares eléctricos para reducir o consumo, e a extensión do punto limpo móbil tanto en urbano como no rural”.

Por último, o xefe de servizo da empresa Urbaser, Ángel Fagilde, dixo “presentamos a renovación integral e modernización da flota do servizo cunha nova imaxe, evidenciando tamén o esforzo en calidade e desenvolvemento sostible do propio concello, así como a inversión realizada co novo prego de comisións técnicas. O Concello de Ames fai unha labor moi importante, tamén en termos económicos, porque é unha inversión que supera o millón de euros en maquinaria. Catro dos vehículos da frota son totalmente eléctricos: vehículo de inspección e os tres vehículos hidro-limpadores. Ademais incorpórase un novo vehículo neste novo contrato como é o punto limpo móbil, que presenta gran versatilidade para ser complementario do punto limpo fixo e involucrar á cidadanía no coidado e limpeza do espazo público”.

Novo contrato ata 2029  
A empresa Urbaser é a concesionaria do servizo de limpeza viaria dende o ano 2007. Cómpre lembrar que no pleno ordinario de xaneiro de 2022 adxudicouse o novo contrato de limpeza viaria por un importe de 7.388.427,97 euros e un período de 7 anos, que abrangue dende o 15 de xullo de 2022 ata o 14 de xullo de 2029. O valor do contrato por ano ascende a 1.055.489,71 euros. Trátase dun dos contratos máis importantes do Concello de Ames.

O novo contrato recolle importantes melloras no servizo. Deste xeito, realízanse traballos de limpeza viaria en toda a localidade de Bertamiráns, O Milladoiro e nas urbanizacións. Para iso melloráronse as frecuencias de limpeza nos núcleos de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, incrementouse o servizo de baldeo cunha máquina de lava beirarrúas no núcleo do Milladoiro e na zona onde existen vivendas do parque empresarial Novo Milladoiro. Tamén se dotou de novas papeleiras á zona do parque empresarial, ás urbanizacións e aos núcleos do rural. Para poder realizar a ampliación do servizo ampliouse o persoal en 5 persoas.

Tamén se presta este servizo nas distintas prazas do concello e nas áreas de aparcamento dos núcleos urbanos. Ademais, incluíuse a limpeza de diversas zonas do rural, especialmente aquelas nas que hai beirarrúas, destacando a limpeza de A Ponte Maceira (principal núcleo turístico de Ames) ou os tramos do Camiño de Santiago que pasan por Ames.

Punto Limpo móbil
Por outra banda, ampliouse o horario de atención do Punto Limpo, de luns a sábado, de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Outra das novidades é o servizo do Punto limpo móbil, que comezou a funcionar en abril de 2023. Trátase dun vehículo adaptado que percorre os diferentes lugares e parroquias de Ames, cuns horarios e puntos prefixados, normalmente ao carón das Casas da Cultura ou locais sociais de cada parroquia, co obxectivo de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde. Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Tres de los diez nuevos vehículos de limpieza viaria de Ames son eléctricos"

El Correo Gallego: "Presentan la nueva flota de limpieza de Ames con vehículos eléctricos de última generación y localización GPS"

Preséntanse os novos vehículos de Urbaser para o servizo municipal de limpeza viaria

Multimedia

  • Preséntanse os novos vehículos de Urbaser para o servizo municipal de limpeza viaria