Solapas principales

Anuncio cos resultados da baremación dos méritos presentados polos/as aspirantes para a cobertura dunha praza de traballador/a social (concurso – oposición)

Jueves, 23 mayo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio cos resultados da baremación dos méritos presentados polos/as aspirantes para a cobertura dunha praza de traballador/a social. Trátase dunha praza por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.

De conformidade coa base décimo quinta das bases, concédese un prazo de cinco días hábiles nos que os/as aspirantes poderán presentar as reclamacións que estimen oportunas ante o Tribunal. Este prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.