Pestanas principais

Lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo dunha praza de traballador/a social (praza por concurso-oposición)

Martes, 7 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo dunha praza de traballador/a social. Trátase dunha praza por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).

Fíxase o vindeiro 16 de maio de 2024, ás 09:00 horas, como data para a primeira sesión do Tribunal cualificador (constitución) e para comezar o proceso de valoración de méritos presentados e acreditados para a presente praza. O Tribunal reunirase na Casa do Concello de Ames, en Bertamiráns, no Salón de Plenos.