Agenda
Viernes, 16 de agosto de 2024
![](https://www.concellodeames.gal/sites/default/files/styles/medium/public/eventos/imagenes/2024/07/cartaz_veran_en_ames_2024_13.jpeg?itok=CE8CSuKa)
Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía desde o anfiteatro frente a igrexa do Milladoiro. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:00 horas e as 00:00. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouza, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.