Avisos
Miércoles, 30 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público a fixación dunha nova data para a realización do segundo exame (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames.
Miércoles, 30 abril, 2025
O Concello de Ames informa sobre a publicación das listaxes provisionais de admitidas/os no programa municipal de Campamentos de verán 2025. As devanditas listas están publicadas na web municipal e nos taboleiros oficiais do concello. Haberá que comprobar o código asignado a cada usuario/a para saber se está admitido/a no campamento que fixo a inscrición. Poderanse facer as alegacións que se consideren oportunas. Posteriormente, o 6 de maio publicaranse as listas de admitidas/os definitivas. A información completa sobre o proceso de matrícula pódese consultar nas bases do programa.
Miércoles, 30 abril, 2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por tormentas e choivas, de nivel amarelo, que afectará a Ames dende as primeiras horas da tarde deste mércores, 30 de abril, e que se prolongará ata as primeiras horas da noite. Rógase que se extremen as precaucións e, en caso de emerxencia, prégase centralizar as chamadas de emerxencia ao 112, Policía Local: 619 76 75 75; ou Protección Civil: 673 17 88 88.
Martes, 29 abril, 2025
O Concello de Ames informa de que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia anunciou este martes, 29 de abril de 2025, o levantamento da suspensión da actividade deportiva federada e da actividade deportiva escolar do programa Xogade. A decisión permite a continuación inmediata das competicións e adestramentos en toda a comunidade autónoma, tras unha interrupción temporal motivada por condicións adversas. Esta medida devolve a normalidade ao panorama deportivo galego, beneficiando a miles de escolares e deportistas federados.
Martes, 29 abril, 2025
Desde o Concello de Ames, comunícaselle ás persoas convocadas para a realización do segundo exame (tipo test) da bolsa de persoal de servizos xerais para o servizo de comedores escolares do Concello de Ames que debido á situación excepcional vivida no día de onte anúlase a realización do exame previsto para hoxe, martes 29 de abril. Proximamente publicarase na sede electrónica e na web municipal a nova data de realización da proba. Desculpen as molestias ocasionadas.
Martes, 29 abril, 2025
Hoxe, martes 29 de abril, o Concello de Ames non poderá prestar os servizos municipais de conciliación de comedor escolar e Tardes Divertidas, debido á suspensión da actividade lectiva tras a incidencia do apagón de onte. O resto de servizos municipais funcionarán con normalidade: Escola Municipal de Música, Escolas Deportivas e Amessan. Agradecemos a vosa comprensión e pedimos desculpas polas molestias.
Martes, 29 abril, 2025
A Rede municipal de comedores escolares volverá a funcionar dende este mércores 30 de abril. Dende a Concellaría de Planificación e Xestión Educativa infórmase que debido ao corte de subministro eléctrico do 28/4/25, o menú previsto inicialmente para os días 30 de abril e 2 de maio deberá sufrir cambios. Trátase de cambios loxísticos, co fin de poder xestionar o excedente subministrado nestes días e cumprindo coa máxima garantía de calidade e cantidade. Desculpen as molestias ocasionadas.
Martes, 29 abril, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público os resultados definitivos da proba de galego para os aspirantes que non teñan acreditado o CELGA 1 e a data da proba escritca correspondente ao proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral (PEL Concellos 2025).
Lunes, 28 abril, 2025
Ata o 7 de maio está aberto o prazo para votar polo/a mellor deportista de Ames do ano 2024, a través dunha enquisa que se pode atopar neste aviso. A finalidade desta iniciativa é a participación da veciñanza nun dos premios que se entregarán na XVII Gala do Deporte. O evento celebrarase o venres 9 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e nel daranse a coñecer tamén os/as gañadores/as do resto de galardóns.
Viernes, 25 abril, 2025
O prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Xuño lúdico”, que este ano se desenvolverá do 23 ao 30 de xuño, está aberto ata o vindeiro 7 de maio de 2025. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
- 1 de 135
- siguiente ›