Agenda
A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. A programación dará comezo este sábado 1 de febreiro cun taller de impresión botánica téxtil – Hapa Home impartido, en horario de 11.00 a 13.00 horas, por María Luisa Mosquera e Atelier Casperlora. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso inscrición previa. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.30 desde a Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45, desde o Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. O domingo 2 de febreiro realizarase unha visita á Lagoa de Cospeito e Torre de Caldaloba en conmemoración do Día dos Humedais. Nesta actividade, os participantes poderán coñecer a fauna e flora do lugar, así como visitar un monumento declarado como BIC. Hai 40 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso inscrición previa. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.30 desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns e, ás 10.45, desde a Casa da Cultura do Milladoiro.
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A terceira das actuacións será a da peza teatral "Cortello de amor", da compañía Amorodio Teatro, que se representará o 7 de febreiro, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para o día 8 de febreiro, está previsto o obradoiro "Puntadas. Recicla, reduce, reutiliza", unha actividade dirixida ás crianzas de entre 8 e 14 anos na que poderán introducirse no mundo do deseño e a confección de pequenas prendas. O horario é de 11.00 a 17.30 horas e levarase comida para compartir entre todos. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa. Como vén sendo habitual, haberá servido de autobús e sairá ás 10.30 da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45 horas, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.
O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.
A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para os días 15 e 23 de febreiro, está programado un curso de poda impartido por Jaime Dios. Nestas xornadas, os participantes aprenderán todo o relacionado coa poda das árbores froiteiras. Impartirase en horario 10.30 a 13.30 horas. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa.
O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. A segunda das actuacións dirixida a público infantil será a da peza teatral "Compaña", da compañía Xampatito Pato, que se representará o 21 de xaneiro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.
- 1 de 5
- siguiente ›