Agenda

Por ejemplo, 27-04-2025
Domingo, 27 de abril de 2025

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 27 de abril, a terceira edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e na que participarán máis de 800 persoas de 24 asociacións chegadas de diferentes puntos de Galicia. A entrada para o evento é gratuíta e comezará a partir das 10.30 horas e continuará ao longo da tarde. Poderá visualizarse o concurso a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse nesta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón. Neste 2025, a A.C. Retranqueiros cumpre 10 anos desde a súa creación.

Domingo, 27 de abril de 2025

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Para o domingo 27, está programado o obradoiro, “Plantas silvestres comestibles”. Nesta ocasión, os participantes aprenderán a realizar diferentes receitas de cociña con plantas silvestres comestibles. Hai 20 prazas dispoñibles e a actividade realizarase de 11.00 a 18.00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza.

Domingo, 27 de abril de 2025

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, organizou para este domingo 27 de abril unha andaina polo Mar de Ovellas. Esta actividade, que está incluída na programación de Rosalía 2025, tivo que ser adiada en dúas ocasións por inclemencias meteorolóxicas. As persoas que queiran participar na andaina teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. Trátase dunha ruta de dificultade media que parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. A andaina estará teatralizada polos Quinquilláns e Lupe Blanco. A actividade rematará no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.