Agenda

Por ejemplo, 09-08-2024
Sábado, 31 de agosto de 2024

A final do concurso celebrarase de xeito presencial en Bertamiráns o día 31 de agosto, ás 19.00 horas, nunha única xornada na que participarán as persoas clasificadas na fase de selección. Na fase final os 20 aspirantes (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, que será inapelable. Os ganadores/as daranse a coñecer ese mesmo día.

Sábado, 31 de agosto de 2024

O 31 de agosto,  o Concello de Ames organiza unha visita aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.