Agenda

Por ejemplo, 06-10-2024
Viernes, 18 de octubre de 2024

A obra “Geometría del alma”, de Teatro Plus, que chegará á Casa da Cultura de Bertamiráns o 18 de outubro ás 18:00 horas. Este espectáculo, dirixido a público infantil, é unha fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano; un corpo que tratará de dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior. 

Viernes, 18 de octubre de 2024

O 18 de outubro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación da obra teatral "Go Home", da compañía Etiqueta Negra. Trátase dunha peza dirixida por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto que observa o mundo cara a cara, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

De Viernes, 25 de Octubre de 2024 hasta Domingo, 27 de Octubre de 2024

O Festival de Maxia de Ames chega ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns os días 25, 26 e 27 de outubro. Serán tres días cheos de maxia para todos os públicos con obradoiros, espectáculos e galas máxicas.

De Jueves, 14 de Noviembre de 2024 hasta Domingo, 17 de Noviembre de 2024

O festival internacional de cinema infantil de Ames celebrará a súa sétima edición entre o 14 e o 17 de novembro, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O certame está xestionado por terceiro ano pola entidade cultural galega Abella Producións, que desvela hoxe o cartel e temática deste ano: os pioneiros do cinema.

De Jueves, 14 de Noviembre de 2024 hasta Domingo, 17 de Noviembre de 2024

O Festival internacional de cinema infantil Cinema Miúdo chega ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns os días 14, 15, 16 e 17 de novembro. Serán catro días cheos de cinema infantil e familiar para promover o gusto polo séptimo arte entre as crianzas.

Viernes, 29 de noviembre de 2024

O 29 de novembro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación da obra teatral "Testosterona", de Malasombra Produccións. Esta peza propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por razóns de sexo, pero de xeito que o público se sorprenda cun sorriso debuxado nos beizos vendo as peripecias das personaxes protagonistas. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.