Solapas principales

O arranxo da urbanización PM5-03 dotará de máis zonas verdes e de ocio ao Milladoiro

Sábado, 15 de enero de 2011

[15-01-2011] Elementos de xogos infantís, zonas axardinadas para a terceira idade, plataformas horizontáis de fácil accesibilidade que se adapten de forma natural á pendente do terreo e que lle confiran unha verdadeira apariencia pública aos espazos que, sendo xa de titulariedade pública, semellan na actualidade como privados. A firma da sinatura para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03, adxudicada ao estudo de arquitectos "MCCL arquitectos", supón un paso definitivo para a resolución dos conflitos desta zona urbana do Milladoiro situada ao leste da Avnd Rosalía de Castro, entre as rúas Besada e Seidón. O proxecto de arranxo ven parello á concesión de licenzas de primeira ocupación, freadas ate o momento polo incumprimento dos compromisos urbanísticos por parte das promotoras. Ademais o ordeamento deste sector servirá para ampliar as zonas verdes e de ocio e lecer do Milladoiro.

Na parte de atrás do novo edificio da Garda Civil e da escola infantil "A Galiña Azul" debería haber unha rúa urbanizada. Entre os bloques de edificios que se sitúan entre a rúa Figueiras e a Travesía da Móa hai unha parcela de carácter público á que só se pode acceder por unhas escaleiras de difícil accesibilidade. Na mesma parcela pública hai un centro de transformación privado e varias terrazas, tamén de complicado acceso, que, sendo públicas e precisamente por mor desa difícil accesibilidade, semellan privadas. A impermeabilización dos edificios, as humidades nos sotos, as canalizacións e o tratamento das beiraruas sumaron tamén deficiencias á hora de que o Concello recepcionara as obras de urbanización do PM5-03.

Un conflicto con historia

O conflicto remóntase ao ano 2003. O proxecto de Urbanización do ámbito PM5.03 fora aprobado definitivamente en Comisión de Goberno Local o 31 de xaneiro dese ano. En xullo do ano 2006, un informe da arquitecta municipal pon de manifesto as deficiencias na execución do proxecto cara a recepción das obras por parte do Concello, manifestando que "as terrazas estancas das parcelas 12 e 13 coa carga de servidume de uso público non cumpren accesibilidade, que na zona sur detéctanse redes aéreas que enganchan sobre uns postes que apoian nun murete baixo preexistente de bloques de formigón e que a subterraneización destas redes deberá ser asumida polos promotores do ámbito, que nas obras de urbanización detectaronse unha serie de deficiencias menores e que o tramo sur denominado 2vial 7" do proxecto de urbanización non está aínda executado".

As mesmas deficiencias foron ractificadas no informe emitido o 3 de xullo de 2009 pola arquitecta municipal aos efectos da resolución do recurso de reposición interposto contra o acordo do 13 de marzo do mesmo ano que fora debidamente notificado ás entidades responsables da urbanización.
O 25 de maio de 2010, a Xunta de Goberno Local acordou declarar o incumprimento do deber de urbanización e edificación simultánea e outorgarlles ás empresas promotoras o prazo de 15 días para o inicio e de tres meses para o remate das obras que se axusten ao proceso de urbanización.

O Concello da solucción aos problemas de auga e outorga as licenzas de primeira ocupación

As obras de edificación autorizadas no ámbeto PM5-03 están hoxe finalizadas. Malia todo, e como consecuencia de non estar totalmente executada a urbanización, non foron outorgadas licenzas de primeira ocupación nin tampouco licenzas de apertura nese ámbeto. O día 6 de febreiro de 2007 e por decreto da alcaldía, resolveuse que pola empresa concesionaria da auga e saneamento se tramitasen as altas no servizo para evitar os prexuizos que estes veciños estaban a sufrir por un deficiente servizo de auga e saneamento que, entre outras cuestións, impedía que nos pisos máis altos funcionaran algúns electrodomésticos.

Tamén o concello encargouse de acondicionar con terra compactada o vial que circula pola parte de atrás da escola infantil A Galiña Azul e do novo cuartel da Garda Civil que as promotoras deberían haber convertido en rúa urbanizada. Esta é a zona de servizo da escola e con este arranxo o Concello mitigou os problemas de servidume orixinados polas condicións de pouca accesibilidade do vial. Ademais, aínda que a obra non está recepcionada, o Concello fai un matemento básico de limpeza e xardiñería.

O vindeiro mércores, a Xunta de Goberno Local aprobará previsiblemente as licenzas de primeira ocupación para un bloque de 39 vivendas na rúa Costa Grande e para as 28 vivendas doutro bloque da zona. Ademais desde hai algunhas semanas xa se veñen tramitando licenzas de apertura a lgúns establecementos comerciais.

Un informe da asesoría xurídica de urbanismo recomenda facelo así, baseándose en que "a execución da urbanización está asegurada, dado que as obras que faltan por rematar, taanto do proxecto de urbanización como da ampliación no que se refire ao espacio de uso e dominio público en superficie e uso e dominio privado baixo rasante, son de relativamente escasa contía, e queda cuberta perfectamente polos avais depositados". No mesmo informe especifícase que "non debe prolongarse por máis tempo o outorgamento de licenzas de primeira ocupación, pois os propietarios de vivendas e locais non son responsables da sitaución na que se atopan".

Para o alcalde de Ames, Carlos Fernández, o arranxo das deficiencias nesta zona do Milladoiro "axudará a incrementar as zonas de ocio no Milladoiro e convertirá a unha zona até de agora suburbanizada de bloques de edificios nunha zona utilizable para o ocio da veciñanza, tanto infantil como de máis idade".

O proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03, foi adxudicado ao estduo de arquitectos "MCCL arquitectos". Segundo o arquitecto Candido López a idea é "traballar coa orografía en pendente do terreo, dando accesibilidade e apariencia pública ás terrazas que agora semellan privadas e que son de moi difícil acceso, traballar tamén sobre os accesos ás zonas privada, até de agora soluccionados a través de complicados tramos de escaleiras e dotar a zona de espazos verdes e de ocio para infancia e a terceira idade". O estudo de arquitectos de Candido López fixo tamén os proxectosdo parque infantil e a zona de xogos do paseo fluvial de Bertamiráns, a zona de xogos e de lecer e descanso de Seidón e as dúas áreas de xogos do S-14.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


El Correo Gallego: "O Milladoiro gana más zonas verdes y de ocio"
El Correo Gallego: "O Milladoiro gana más zonas verdes y de ocio"