Solapas principales

O Concello Ames participa nunha xornada pública de innovación da “Red Innpulso”

Sábado, 11 de mayo de 2019

O Izarra centre de Ermua acolleu este pasado martes, 7 e maio, unha xuntanza da “Red Innpulso”, da que o Concello de Ames acaba de pasar a formar parte. Nesta xornada pública de innovación participaron máis de 120 representantes institucionais e empresariais, para a execución de proxectos municipais. En representación do Concello de Ames asistiu o Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), Jorge Couñago. A xornada desenvolveuse de 12:00 a 16:00 horas e contou coa benvida do alcalde de Ermua, Juan Carlos Abascal, así como con Diana Alonso do Ministerio de Ciencia e Innovación.

No pasado mes de abril o Concello e Ames recibiu comunicación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades sobre a distinción de “Ciudad de la Ciencia y la Innovación”, na convocatoria correspondente ao ano 2018, outorgada mediante resolución da Secretaria de estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación. Esta distinción foi concedida grazas á presentación do proxecto Inno@mes. Deste xeito, Ames pasa a ser o quinto concello de Galicia con este galardón. Ames pasa a formar parte dos 72 Concellos que conforman a “Red Innpulso” e dos 5 de toda Galicia con Vigo, Coruña, Santiago e Riveira.

A “Red Innpulso” ten entre os seus obxectivos servir de posta en común de iniciativas conxuntas municipais. Esta primeira xornada, a que acudiu o Concello de Ames, serviu de consulta ao mercado para intentar procurar puntos de entendemento; casar a oferta e a demanda; e axuntar sinerxias para mellorar os servizos públicos e engadir valor. Todo elo na procura de recibir ideas innovadoras que se reflictan en futuros procesos de contratación pública, para dar resposta aos retos actuais dos setenta e dous concellos que actualmente integran a Rede.

A xornada desenvolveuse de 12:00 a 16:00 horas e contou coa benvida do alcalde de Ermua, Juan Carlos Abascal, así como con Diana Alonso do Ministerio de Ciencia e Innovación. O director de Sector Público (SILO), Manuel Varela, amosou o proceso de consulta ao mercado deseñado pola Rede. Tras afondar nunha das tipoloxías de “Compra Pública Innovadora (CPI)”, procedeu a explicar a perspectiva tecnolóxica da CPI. Despois da súa intervención animou ás persoas presentes a presentar as súas propostas. Aquelas empresas de Ames que desexen presentar propostas nalgunha das 25 liñas escollidas poderán facelo a través da web da Red Innpulso.

Por outra banda, Sergio Serna, da Secretaría Técnica de Innpulso, resumiu o camiño a seguir, e como se chegou a esta consulta. Previamente, a “Red de administracións locais” definiron vinte cinco necesidades identificadas entorno a tres eixos principais: os servizos sociais; a transformación dixital; e os residuos sólidos urbanos. Serna trazou a folla de ruta plantexada dende a Rede en catro pasos: o deseño de detalle dos proxectos CPI; o desenvolvemento da consulta de mercado; a elaboración e redacción dos pregos de condicións e a avaliación e adxudicación de contratos prevista para o próximo año 2020. Na mesa redonda participaron representantes da FEMP, o CDTI, IE University, a SPRI e ENISA. 

Organización presentes na xornada
As organización presentes en dita xornada pública foron Helix North; SicaSoft; IBM; CodeSyntax; Orange; Indra Sistemas; Vicom Tech; Noismart; Gaia; ZF Lemfoëder; Hervel Electroquímica; Tekniker; Áptica; Ik Ingeniería; Circutor; Ormazabal; GAIA; SPRI; Tecnalía; CDTI; FEMP; os concellos que integran a Rede e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O Concello de Ames ao formar parte desta Rede poderá acceder a financiamento para poder desenvolver proxectos de innovación. Entre as vantaxes de pertencer a esta Rede atópase a de aproveitar os proxectos de colaboración entre os municipios, a priorización para a ubicación de instalacións científicas e tecnolóxicas ou a preferencia para a celebración de congresos, seminarios e outros eventos relacionados.

O Concello Ames participa nunha xornada pública de innovación da “Red Innpulso”

Multimedia

  • O Concello Ames participa nunha xornada pública de innovación da “Red Innpulso”
  • O Concello Ames participa nunha xornada pública de innovación da “Red Innpulso”
  • O Concello Ames participa nunha xornada pública de innovación da “Red Innpulso”