- Tematica
O centro sociocultural do Romaño, en Santiago de Compostela, acolle durante a xornada deste mércores, 3 de abril, a fase de zona de Compostela do Club de Debate 2019. Participan 9 equipos dos Concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo. Tres do IES de Bertamiráns e dous do IES do Milladoiro. O Club de Debate é unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e de ciclos formativos. Durante esta xornada a rapazada debate sobre "É adecuado o uso de dispositivos móbiles nos centros educativos". Os debates sucederanse ao longo de todo o día e son abertos ao público. Desta xornada sairán os dous equipos gañadores para a final galega e recibirán un primeiro premio valorado en 500 euros e un segundo premio valorado en 300 euros.
O Club de Debate é un programa dirixido á mocidade que, por octavo ano consecutivo, poñen en marcha diversos concellos galegos a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL) e que incentiva e valora falar en público, a oratoria, o uso do galego oral e o pensamento crítico. Os concellos que organizan esta edición son Ames, Dodro, Ferrol, Narón, Negreira, Oleiros, Pontevedra, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela e Teo. No total, participarán 25 equipos mixtos formados por rapaces e rapazas de entre 3º da ESO e 1º de bacharelato e de ciclos formativos.
A fase de zona na que debaten os equipos de Ames, Compostela e Teo celébrase hoxe, 3 de abril, no centro sociocultural do Romaño, en Santiago de Compostela. Alí a rapazada debate sobre "É adecuado o uso de dispositivos móbiles nos centros educativos". Os debates sucederanse ao longo de todo o día e serán abertos ao público. Desta xornada sairán os dous equipos gañadores para a final galega e recibirán un primeiro premio valorado en 500 euros e un segundo premio valorado en 300 euros.
Neste ano 2019, participan no Club de Debate 5 equipos de centros de ensino amesáns: 3 do IES de Ames e 2 do IES do Milladoiro. Os equipos gañadores de cada unha destas fases competirán entre si o día 11 de maio na final galega que terá lugar no Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra. O tema da final é “Falamos a lingua que escollemos”. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o cadro de emparellamentos dos debates da fase de zona que se celebra no día de hoxe.