Lunes, 20 mayo, 2019
O Concello de Ames informa sobre a modificación do decreto de Alcaldía 1025/2019 de aprobación das bases dos campamentos de verán 2019 do Concello de Ames. Deste xeito, modifícase o apartado no que se fai referencia ao pago correspondente ao artigo sete:
Fraccionamento do pago: o pagamento poderá efectuarse en dous prazos a través das correspondentes autoliquidacións, nos seguintes prazos:
- Primeiro prazo ou pago íntegro da cota: do 27 ao 31 de maio.
- Segundo prazo: do 4 ao 14 de xuño.
De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto completo.