Solapas principales

Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela

Jueves, 23 de mayo de 2019

O alumnado da escola infantil municipal A Madalena comezou o mes de maio con excursións moi divertidas e diferentes. Durante as primeiras semanas, os cativos e cativas axudaron a plantar árbores bombeiras en Ventosa e pasearon polo monte da zona, mentres que o primeiro venres do mes chegaron á praza do Obradoiro de Santiago e aproveitaron para dar unha volta pola cidade no tren turístico.

O martes 1 de maio, os nenas e nenos da EIM A Madalena deixaron a un lado os libros para poñer o seu gran de area na prevención de lumes forestais. Con este obxectivo, visitaron o monte de Ventosa, onde axudaron a Patricia Reboreda, técnica de Medio Ambiente de Ames, a plantar carballos. Alí, Patricia explicoulles aos nenos porqué os carballos están considerados árbores bombeiras, como deben plantarse e os cuidados que necesitan. Para rematar a xornada, alumnado e profesorado deron un paseo polo monte, onde tiveron que sortear camiños complicados, pedras e mesmo un pequeno regato.

A mañá do venres, pola súa banda, mudaron o monte pola cidade cunha visita á capital de Galicia. Alí, os nenos e nenas percorreron todos os currunchos do casco histórico de Santiago de Compostela subidos ao tren turístico. Após delo, as cativas e cativos fixeron unha parada na Praza do Obradoiro, onde foron quen de identificar os distintos edificios que rodean a céntrica praza ata chegar á Catedral.

Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela

Multimedia

  • Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela
  • Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela
  • Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela
  • Os cativos e cativas da EIM A Madalena visitan Ventosa e Compostela