Solapas principales

A OMIX organiza dous cursos de busca de emprego e community manager para emprender durante o mes de xullo

Viernes, 21 de junio de 2019

A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina municipal de información xuvenil, organiza de cara ao mes de xullo dous cursos na Aula de informática do Milladoiro. O curso de emprendemento e busca de emprego na rede, aplicacións e redes sociais de utilidade, currículo vitae e vídeo-currículo, impartirase do 9 ao 12 de xullo, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O segundo curso de community manager para emprender, marketing dixital, marca persoal e xestión do tempo, desenvolverase do 16 ao 19 de xullo, tamén de 10.00 a 13.00 horas. Para participar nestas actividades terán preferencia os/as mozos/as de 15 a 30 anos. O prazo de inscrición remata o 3 de xullo. Ao pé desta nova podes decargar a ficha de inscrición para os obradoiros de emprendemento da OMIX.

O Concello de Ames, a través da Oficina municipal de información xuvenil, organiza dous cursos de informática durante o vindeiro mes de xullo. Estas actividades, están dirixidas preferentemente os/as mozos/as de 15 a 30 anos. Ambos cursos, que contan con 12 horas de duración, impartiranse na Aula de informática do Milladoiro.

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 3 de xullo. Estas actividades son gratuítas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 616 083 229. As prazas son limitadas.  

O curso de emprendemento e busca de emprego na rede, aplicacións e redes sociais de utilidade, currículo vitae e vídeo-currículo, impartirase do 9 ao 12 de xullo, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O segundo curso de community manager para emprender, marketing dixital, marca persoal e xestión do tempo, desenvolverase do 16 ao 19 de xullo, tamén de 10.00 a 13.00 horas.

Cartel dos cursos de infórmática da OMIX

Multimedia

  • Cartel dos cursos de infórmática da OMIX