Lunes, 5 agosto, 2019
- Tematica
Os locais hostaleiros, que conten con licenza en vigor, situados no municipio de Ames poderán ampliar o seu horario de peche nunha hora. Este permiso foi concedido para os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. A ampliación do horario foi concedido despois das xestións realizadas polo Concello de Ames ante a Xefatura territorial de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Ante as solicitudes presentadas por varios establecementos hostaleiros de Ames para poder ampliar unha hora o seu horario de apertura durante as festas da Peregrina, o Concello de Ames realizou as xestións necesarias ante a Administración autonómica para acadar este permiso.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de comunicarlle ao Concello a concesión da ampliación dunha hora sobre os horarios límites de peche dos establecementos públicos de Ames durante os días 7, 8, 9, 10 e 11 de agosto de 2019 con motivo das festas da Peregrina que se celebran na localidade de Bertamiráns os días 10 e 11 de agosto.