- Tematica
Un stand do programa "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual", da Secretaría Xeral de Igualdade, estivo este pasado domingo, 11 de agosto, nunha esquina do aparcadoiro do campo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. Tratase dunha campaña que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da cal se trata de informar e sensibilizar á veciñanza para loitar contra esta lacra. A intervención desenvolveuse mediante a instalación dun stand de madeira, na que se promove a realización de obradoiros, durante 6 horas e media. Unhas 400 persoas pasaron por este stand para informarse e participar nalgunha das actividades ou obradoiros realizados.
A Concellaría de Benestar Social colaborou coa Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, na campaña "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual". Este pasado domingo, 11 de agosto, un stand deste programa estivo situado nunha esquina do aparcadoiro do campo das festas da Peregrina, en Bertamiráns. Tratase dunha campaña que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da cal se trata de informar e sensibilizar a veciñanza para loitar contra esta lacra. A intervención desenvolveuse mediante a instalación dun stand de madeira, na que se promove a realización de obradoiros, durante 6 horas e media.
En dito stand realizaranse distintos tipos de actividades e obradoiros, nas que se puido participar de xeito individual, en parella ou en grupo. Unhas 400 persoas pasaron por este stand para informarse e participar nalgunha das actividades ou obradoiros realizados. Por este punto informativo achegáronse principalmente mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, que amosaron moita concienciación sobre a temática, e demandaron información sobre o modo en que eles poden colaborar das campañas e participar activamente na prevención das agresións sexistas. Ademais, solicitaron pautas sobre como abordar a temática nos institutos e poder chegar aos seus compañeiros/as menos concienciados.
Por outra banda, cómpre destacar a alta demanda de máis actividades de información e concienciación en institutos e colexios tanto públicos coma privados, feita tanto por adultos como por parte das mozas e mozos. E tamén a solicitude de modos de difusión entre os e as mozas, de espazos comunitarios onde se poidan reunir e traballar nas súas iniciativas, programas como a iniciativa xove, voluntariados, creación de puntos violetas nas festas coa súa participación...
A participación nas actividades tamén foi elevada. Arredor de 200 persoas, principalmente mulleres e homes con idades comprendidas entre os 12 e os 23 años participaron no xogo tecnolóxico on line denominado Kahood da igualdade. Esta actividade consiste en que nunha pantalla proxéctase este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poden responder a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.
Outros/as veciños/as de máis de 23 anos participaron no obradoiro de gafas 3D de realidade virtual VR no que se puideron visionar, a través dunhas gafas 3D VR, diferentes vídeos vinculados á temática; así como na actividade; e no Violentómetro que é unha dinámica na que os participantes deben clasificar diferentes actitudes sobre a violencia de xénero, cada unha máis ou menos grave, analizándoas e colocándoas en función das súas propias conclusións no lugar axeitado (coidado-reacciona-afástate). Debido a boa resposta de participación que houbo nesta campaña pódese dicir que a mocidade de Bertamiráns está en loita contra a violencia sexista.