- Tematica
Os rapaces e rapazas participantes no Campus de Atletismo “Correndo cara o Xacobeo”, organizado polo Club de atletismo Millaraio, percorreron este pasado sábado, 7 de setembro, o tramo de Camiño que vai dende Corcubión ata Fisterra. Esta actividade de convivencia familiar serviu tamén para arrancar a tempada para as familias do club que quixeron unirse a esta experiencia que combinou lecer, cultura e deporte.
Dentro das actividades do Campus de setembro do Club de Atletismo Millaraio “Correndo cara O Xacobeo”, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa “O teu Xacobeo”, os rapaces e rapazas fixeron a pé este sábado, 7 de setembro, o tramo do Camiño entre Corcubión e Fisterra. Deste xeito, os rapaces e rapazas puideron coñecer esta etapa do Camiño acompañados das súas familias.
Esta actividade de convivencia familiar serviu tamén para arrancar a tempada para as familias do club que quixeron unirse a esta experiencia que combinou lecer, cultura e deporte. A actividade foi recollida pola TVG na Revista Fin de Semana e nos servizos informativos da Televisión de Galicia.
Previamente, o mércores 4 de setembro, percorreron un tramo do Camiño Francés, partindo desde o Monte do Gozo ata chegar á praza do Obradoiro. O VI Campus de Atletismo MillaRaio “Correndo cara o Xacobeo” desenvólvese do 2 ao 10 de setembro. Trátase dun proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa “O teu Xacobeo”.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, resalta que “esta iniciativa serve para facer deporte ao tempo que fomenta outros valores como a convivencia familiar e o compañeirismo. Neste caso os rapaces e rapazas que participan no campus do Millaraio puideron coñecer un dos Camiños de Santiago que pasa polo termo municipal de Ames como é o Camiño de Fisterra-Muxía”.