- Tematica
No caso de Música e Movemento, que conta con 5 prazas dispoñibles e será impartida os luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas, está dirixida a nenos e nenas nados no 2014. Pola contra, para inscribirse no resto de especialidades musicais no que quedan prazas dispoñibles é necesario ter cumpridos os 7 anos neste ano 2019.
Así, para Frauta tan só queda unha praza, en horario de luns de 16:00 a 16:30 horas. No caso de Violín o número de prazas dispoñibles é maior, en total 6 con horarios que se dividen en: mércores de 15:30 a 16:00; xoves de 16:00 a 16:30, de 16:30 a 17:00 ou de 19:30 a 20:00; e venres de 15:00 a 15:30 ou de 17:00 a 17:30.
Asemade, tamén quedan 4 prazas dispoñibles para Guitarra. Os horarios dispoñibles van desde o luns de 18:00 a 18:30, mércores de 20:30 a 21:00 ou venres de 18:30 a 19:00 e de 19:30 a 20:00 horas.
As prazas iranse cubrindo por orde de rexistro de entrada. Para facelo, poden descargarse as solicitudes ao final desta páxina, na páxina web do Concello de Ames, ou ben recollelas de maneira presencial tanto na Casa da Cultura do Milladoiro como no Pazo da Peregrina en Bertamiráns. Posteriormente, a entrega de documentación realizarase por rexistro electrónico, no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A Escola Municipal de Música de Ames poñerase en contacto coas persoas que obteñan praza para que formalicen a matrícula no prazo máis breve posible.
Para máis información pódese acudir á Casa da Cultura do Milladoiro de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao teléfono 981 535 940 ou enviar un correo ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.