Jueves, 14 noviembre, 2019
- Tematica
Dende o departamento de Educación informáselle ás familias usuarias sobre o cobro dos recibos dos servizos complementarios municipais. O día 21 de novembro cobraranse os recibos da Escola de Verán de 2019 e do Setembro Lúdico de 2019, mentres que o día 25 de novembro cargaranse os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas do mes de setembro de 2019.
Por outra banda, decidiuse que os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos días Cole e Tardes divertidas correspondentes aos meses de outubro e novembro de 2019 cobraranse no vindeiro mes de decembro.