- Tematica
O pasado 1 de outubro deu comezo un novo curso das Escolas Deportivas Municipais no que se ofertaban 2.453 prazas nas diferentes modalidades de actividades. A oferta incluía 20 actividades nas que 13 se encadraban dentro do programa de Formación Deportiva, nas que poden participar nenas e nenos de 3 a 16 anos, e 7 actividades no apartado de Ponte en Forma, destinadas a maiores de 14 anos. De todas elas, as que teñen mais afluencia este ano son pilates con 315 participantes, patinaxe con 259 e aerozumba con 200. De todas as ofertadas foron cubertas 2.097 prazas.
As 13 actividades encadradas dentro do programa de Formación Deportiva deste ano son: ballet, baloncesto, fútbol sala masculino, fútbol sala feminino, judo, natación, patinaxe, predeporte, squash, tenis, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica. Mentes que as 7 actividades comprendidas no apartado de Ponte en Forma son adestramento funcional, aerozumba, ioga, GAP-aerocombat, pilates, spinning e ximnasia de mantemento.
Despois de comezar o curso nas Escolas Deportivas Municipais no mes de outubro, agora mesmo hai 2.097 inscritos nestas actividades que se imparten nas instalacións de Bertamiráns e do Milladoiro, así como e nos locais sociais de Agrón, Aldea Nova, Biduído e Tapia. Concretamente, no programa Ponte en Forma hai inscritos 43 persoas en adestramento funcional, 200 en aerozumba, 120 en ioga, 60 en GAP-aerocombat, 315 en pilates , 133 en spinning e 159 en ximnasia de mantemento.
Por outra banda, nas actividades do programa de Formación Deportiva hai 19 inscritos en ballet, 134 en baloncesto, 37 en fútbol sala feminino, 95 en fútbol sala masculino, 101 en judo, 49 en natación, 259 en patinaxe, 79 en predeporte, 15 en squash, 101 en tenis, 30 en voleibol, 55 en axedrez e 93 en ximnasia rítmica.
En total, agora mesmo quedan 356 prazas libres que se reparten en diversas actividades. Para máis información sobre prazas dispoñibles, as idades comprendidas para cada grupo e os horarios pódese descargar o documento PDF que está ao pé desta nova.
Reparto equitativo das actividades deportivas
Cómpre recalcar que o goberno municipal reparte de xeito equitativo todas as actividades deportivas a excepción do squash, que tan só pode desenvolverse en Bertamiráns, e o spinning que se practica en exclusividade no Milladoiro, repartindo así diferentes especialidades entre os dous núcleos urbanos.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “desde a Concellería de Deportes queremos que a práctica do deporte forme parte da vida diaria de todas as persoas, xa que é unha forma de adquirir hábitos saudables e fomentar valores tan importantes como a deportividade, a tolerancia e o respecto”.