Solapas principales

Inscríbete no primeiro Torneo de Nadal de Tenis e Minitenis do Concello de Ames

Lunes, 16 de diciembre de 2019

O próximo sábado 21 e domingo 22 de decembro terá lugar nas Pistas de Tenis de Aldea Nova o I Torneo de Nadal de Tenis e Minitenis. Organizado polo departamento de Deportes do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña, trátase dun torneo non federado no que poden participar tanto os máis pequenos da casa como os adultos. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal, estando aberto o prazo ata o 19 de decembro ás 14.00 horas.

O I Torneo de Nadal de Tenis e Minitenis do Concello de Ames contará con diferentes categorías: a vermella, destinada a nenos e nenas de 6 a 8 anos (minitenis); a laranxa, destinada a nenos e nenas de 9 a 11 anos (3/4 pista); a punto verde, para a rapazada de 12 a 14 anos e a absoluta, para maiores de 15 anos.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal, con prazo ata o 19 de decembro ás 14.00 horas. En dito  correo debe escribirse o nome e apelidos dos participantes, a data de nacemento e un teléfono de contacto.

Cartel Torneo de Nadal de Tenis

Multimedia

  • Cartel Torneo de Nadal de Tenis