Solapas principales

A sesión de contos con música en directo para bebés, “Comerá o bebé?”, terá lugar o próximo xoves, 13 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns

Viernes, 07 de febrero de 2020

“Comerá o bebé?” é unha sesión de contos, poemas, xogos de mans, música e moito máis encadrada dentro do programa Apego. Terá lugar o próximo xoves, 13 de febreiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, en dúas sesións: unha ás 17.30 horas e outra ás 18.30 horas. Unha actividade de balde, destinada a familias que se encontren agardado un bebé ou teñan crianzas de menos de 3 anos.

Cris de Caldas e Xabi do Camiño presentarán nesta actividade unha magnífica recompilación da nosa tradición oral con música en directo, e coa comida como fío condutor.

As prazas limítanse a 20 por sesión, polo que se require inscrición previa. Para facela, hai que envíar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando a sesións escollida (a das 17.30 horas ou a das 18.30 horas), o nome e apelidos das persoas que veñen, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. O prazo para facelo remata o día 12 de febreiro.

Premendo nesta ligazón podes descargar a programación infantil con Apego para os meses de febreiro, marzo, abril e maio.

O programa Apego
Apego é un programa colectivo de varios concellos que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, así como axudar á socialización en galego das crianzas.

O programa Apego ofrece información, recursos (tanto virtuais como físicos) e actividades formativas e de lecer tanto para as familias e as crianzas como para os e as profesionais.  Os destinatarios son familias empadroadas en Ames que agarden un bebé ou teñan crianzas de 0 a 6 anos.

Comerá o bebé?

Multimedia

  • Comerá o bebé?