- Tematica
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego, en colaboración coas asociacións de empresarios e comerciantes do municipio, vén de lanzar unha campaña para fomentar o comercio de proximidade denominada Comercio de Ames. Témolo todo! A través de dita iniciativa preténdese que a veciñanza de Ames merque nos establecementos comercias do municipio. Para darlle visibilidade a esta iniciativa colocáronse os carteis da campaña nos minipuntos limpos que están situados nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén traballando coas distintas asociacións de empresarios e comerciantes do municipio, e agora acaban de lanzar unha nova campaña para fomentar as compras dentro do comercio local de Ames. Comercio de Ames, Témolo todo! é o lema desta iniciativa que trata de fomentar o comercio de proximidade.
A través desta campaña preténdese que os veciños e veciñas de Ames merquen nos establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro, xa que segundo se indica na campaña en ditos establecementos pódense atopar produtos, que van dende roupa e calzado ata artesanía e establecementos de estética, entre outros moitos sectores. Para darlle visibilidade a esta iniciativa colocáronse os carteis da campaña nos minipuntos limpos que están situados nas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro.
A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, explica que “é unha campaña para tratar de que a veciñanza de Ames se quede no concello para facer as súas compras nos establecementos locais. Aquí podemos atopar de todo, por iso temos que poñer en valor o comercio de Ames. Se mercamos en Ames iso tamén repercutirá na economía local, xerando postos de traballo e facendo que as empresas e comercios do concello medren”.