Jueves, 26 marzo, 2020
- Tematica
O departamento de Educación do Concello de Ames tiña previsto abrir o prazo para solicitude de praza nas escolas infantís municipais de O Bosque e A Madalena do 1 ao 15 de abril de 2020. Debido ao estado de alarma, este prazo queda suspendido. Abrirase un prazo extraordinario de solicitude de praza unha vez rematada esta situación extraordinaria.
O prazo de solicitude de praza nas escolas infantís municipais de O Bosque e A Madalena para o próximo curso 2020-2021 estaba previsto do 1 ao 15 de abril, pero en consecuencia ao estado de alarma, este prazo queda suspendido.
Desta maneira, abrirase un prazo extraordinario de solicitude de praza unha vez remate esta situación extraordinaria. As novas datas publicaranse nesta mesma páxina web.