Miércoles, 08 de abril de 2020
- Tematica
O próximo xoves, 16 de abril, celebrarase de xeito telemático o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo, a través da aplicación Councilbox subministrada por AVA Soluciones tecnológicas. A Corporación municipal debaterá a posta a disposición da Xunta de Galicia dunha parcela de 13.167 metros cadrados, necesaria para construír o novo CEIP do Milladoiro. Unha vez superado o trámite de inscrición dos terreos no Rexistro da propiedade, agora toca aprobar un convenio de colaboración para ceder a parcela a Administración autonómica, para que se ocupe da redacción do proxecto e da licitación das obras de construción.
O Concello de Ames continúa coa tramitación da posta a disposición da Xunta de Galicia da parcela para a construción do novo colexio público de infantil e primaria no Milladoiro. A construción do novo CEIP do Milladoiro está incluída no Plan de Infraestruturas 2016-2020 da Xunta de Galicia e conta cun investimento estimado de 4 millóns de euros.
Unha vez superado o trámite de inscrición dos terreos no Rexistro da Propiedade, agora deberá aprobarse en Pleno un convenio de colaboración coa Consellería de Educación, para ceder a parcela a Administración autonómica, para que se ocupe da redacción do proxecto e da licitación das obras de construción. Dito acordo debaterase nas comisións informativas que se realizarán o vindeiro luns, 13 de abril, e posteriormente no pleno ordinario correspondente ao mes de marzo que se desenvolverá de xeito telemático o xoves 16 de abril.
A posta a disposición é libre de cargas e gravames, sen reserva ningunha. Trátase dunha parcela de 13.167 metros cadrados, inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira. Antes do inicio das obras, o Concello de Ames comprométese a acreditar o desvío do tendido eléctrico e da condución subterránea de augas para usos domésticos que consta na inscrición rexistral.
Proceso de expropiación e inscrición no Rexistro da propiedade
Previamente, a Xunta de Goberno Local aprobou de xeito definitivo o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para poder executar o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para construír un novo CEIP na localidade do Milladoiro. O 13 de maio de 2019 iniciouse o trámite no Rexistro da Propiedade de Negreira para formalizar a posta a disposición da parcela, previo trámite de aprobación por parte do Pleno da Corporación.

O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “rematado o proceso de expropiación conxunto e do rexistro da propiedade, desenvolvéronse as tarefas de limpeza e acondicionamento da parcela, traballos previos ao trámite de posta a disposición da parcela para un novo colexio no Milladoiro. Agardamos unha resposta áxil da Xunta de Galicia para cumprir os compromisos comúns e que o tan necesario e desexado CEIP no Milladoiro sexa unha realidade canto antes”.
Outros asuntos a tratar
Por outra banda, nas comisións informativas do vindeiro luns, 13 de abril, e no pleno do 16 de abril, abordaranse outros temas como son a reanudación do prazo do trámite de exposición pública do orzamento 2020. A exposición pública do orzamento municipal de 2020 suspendeuse debido á declaración do estado de alarma, cando quedaban 2 días para finalizar dita exposición.

Tamén se tratará o informe da única alegación presentada ao orzamento 2020 ata a declaración do estado de alarma (o informe desestima a alegación presentada); e a contestación ao escrito da empresa concesionaria do complexo da piscina cuberta municipal de Ames na que solicita a compensación económica debido a paralización da súa actividade empresarial.