Lunes, 20 abril, 2020
- Tematica
O Concello de Ames lembra a reapertura de actividades permitida durante o estado de alarma decretado pola crise do Covid-19, logo da Semana Santa. Ao pé deste aviso podes atopar as actividades permitidas durante este período, así como as restriccións previstas para esta etapa de confinamento.
No documento faise mención ás actividades que se permiten desde o pasado luns, 13 de abril, e en que circunstancias se poden desenvolver. Asemade, podes consultar en que medida e como se poden realizar desprazamentos particulares e en vehículos.