Martes, 19 mayo, 2020
- Tematica
Dende a Concellaría de Medio Ambiente informan de que nesta época do ano, despois das choivas e coa chegada da calor, poden verse, outro ano máis, serpes de agua no paseo fluvial de Bertamiráns. Trátanse dunhas serpes que aparentemente nos recordan as víboras pola súa forma e color, pero nada teñen que ver con elas, xa que pertencen ao xénero Natrix, que é inofensivo.
Debemos ter en conta que estes animais se atopan no seu hábitat natural , e que ademais este xénero está incluído no listado de especies silvestres en réxime de protección especial e do catálogo español de especies ameazadas, polo que debemos respectalas.