Solapas principales

O Centro Deportivo Municipal da Telleira puxo en marcha medidas de seguridade e hixiene para adaptar o servizo á "nova normalidade"

Jueves, 25 de junio de 2020

Logo da posta en marcha de amplas medidas de seguridade e hixiene, os abonados e abonadas ao Centro Deportivo Municipal da Telleira gozan xa dos servizos que ofrece este complexo deportivo. Reforzo en limpeza e desinfección, toma de temperatura, renovación constante de aire, desinfección continua de filtros de ventilación, puntos de desinfección de calzado e mans, horario preferente para maiores de 65 anos e control de aforo para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios/as son algunhas destas medidas. O Centro, xestionado por BeOne, implantou estes protocolos para adaptar as súas instalacións e o seu funcionamento á “nova normalidade”. Cómpre salientar  que todo o persoal do Centro recibiu formación en medidas de seguridade Covid-19. O día 29  comezarán as actividades dirixidas con reserva previa a través da app do centro e xa están abertas as inscricións para os cursos de verán de ioga e pilates.

O Centro Deportivo Municipal da Telleira, xestionado por BeOne, permaneceu pechado máis de tres meses ao público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma polo Covid-19. Desde o día 22 de xuño, reabriu as súas portas para os seus abonados. O obxectivo de BeOne é conseguir que o usuario siga gozando da mellor experiencia deportiva, pero con todas as garantías de saúde, seguridade e benestar.

O Centro adaptou as súas instalacións para cumprir con todas as esixencias estatais, comunitarias e locais e adoptou unha serie de protocolos propios para garantir o benestar e a seguridade. Todas as medidas adoptadas nos centros deportivos que xestiona BeOne estiveron auditadas e certificadas pola Cátedra do Deporte da Universidade Politécnica de Valencia.

Entre as medidas adoptadas cabe destacar o reforzo en hixiene, limpeza e desinfección, a toma de temperatura no acceso, a renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación, os puntos de desinfección de calzado e mans, o horario preferente para maiores de 65 anos ou o control de aforo para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios.

Para consultar todas as súas medidas, BeOne habilitou a páxina web www.beone.es/volvemosgal. Na zona de auga, tanto en piscinas como spa, reforzáronse ao máximo as medidas de desinfección e limpeza e contrólanse exhaustivamente os parámetros técnicos nestes espazos.

As actividades dirixidas comezarán o vindeiro luns 29 con reserva previa a través da app do centro e xa están abertas as inscricións para os cursos de verán de ioga e pilates.

Todo o persoal do centro recibiu formación en medidas de seguridade Covid-19 e en áreas específicas tanto técnicas como comerciais co fin de poder ofrecer aos abonados unha gran experiencia deportiva. BeOne compensará os servizos pagos e non gozados do mes de marzo e permitirá o acceso gratuíto dos seus usuarios que non se deron de baixa durante o peche ata o 30 de xuño.

Piscina de A Telleira