Solapas principales

>Fabaloba e Uxia Lambona na Tarde con Apego

Jueves, 9 julio, 2020
A las 17.30 horas

A Concellaría de Normalización Lingüística retoma a súa programación presencial cunha Tarde con Apego, na que Ruth Caramés, de Fabaloba, ás 17.30 horas, realizará unha sesión de Contos con Apego, na que contará os contos: Había unha vez un virus. Despois, a partir das 19.00 horas, Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecerán un concerto para os máis pequenos. Ambas as dúas actividades serán no Pazo da Peregrina. Para participar haberá que enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal do 1 ao 8 de xullo. As familias interesadas en participar deben darse présa en apuntarse, xa que debido ás medidas de seguridade pola Covid-19 o aforo é reducido.

Deste xeito, ás 17.30 horas, desenvolverase unha sesión de Contos con Apego. Ruth Caramés, de Fabaloba, contará os contos: Había unha vez un virus. Esta actividades realizarase no xardín de atrás, á sombra das árbores e con espazo delimitado para cada familia. Esta actividade está recomendada para familias con crianzas de 0 a 6 anos. As historias que se contarán  axudan a comprender momentos vitais coma este no que nos atopamos e son unha moi boa ferramenta para ás familias, tanto como entretemento como recurso educativo que axuda a superar unha situación crítica.

De seguido, a partir das 19.00 horas, chegará Uxía Lambona e a Banda Molona para ofrecer un concerto para todos os nenos e nenas. Este espectáculo será no patio do Pazo da Peregrina, con aforo limitado e con cadeiras para todas as persoas asistentes. Esta é unha das bandas galegas máis coñecidas entre a rapazada.