- Tematica
Esta mañá inaugurouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra de pinturas de Marité Lamas Domínguez. A exposición, organizada pola Concellaría de Benestar Social a través da Oficina da Oficina de Voluntariado de Ames, estará dispoñible ao público ata o próximo 31 de xullo. Trátase dunha serie de interpretacións realizadas en acrílicos, lapis e acuarelas, durante os primeiros corenta días da corentena mundial 2020, e estará dispoñible para todo aquel que desexe vela en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
Marité Lamas Domínguez é voluntaria da Oficina de Voluntariado de Ames, e realiza diversas accións no voluntariado durante todo o ano. Esta mañá, inaugurou a súa exposición de pinturas, rodeada de seres queridos e acompañada pola concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo.
A exposición de pintura contén marinas, retratos, madonnas e personaxes. Chámase “La Tempestad”, porque, segundo a súa propia autora “representa moi ben todo o que vivimos nesta pandemia da Covid-19, porque sentía que era unha tempestade que sufríamos todos ao estar no mesmo barco”.
Para a súa representación, Marité elixiu unha un cadro moi famoso de Rembrandt: “La tormenta en el mar de Galilea”. Un cadro, que o autor pintou no ano 1633 pero que no ano 1990 foi roubado e nunca mais apareceu, e polo que ofrecen 9 millóns de euros de recompensa.
A autora da exposición relata como pensou que a través do arte, ela podía representar esa “tempestade” que estábamos a vivir. Así, comezou a copiar obras de artistas moi importantes, pero acabou dándolle a súa visión máis persoal engadindo personalidades que ela admira, como García Lorca, Albert Einstein, Eva Perón (política e actriz arxentina) ou Frida Kahlo.
Asemade, incorporou cadros sobre Galicia, unha representación do azar nunha carta da reina de corazóns, o sentimento de encerro, a Pascua, lugares imaxinarios que lle encantaría coñecer... ou persoas que ela mesma botaba de menos, como os seus fillos ou as súas amizades. En total, Marité realizou 100 pinturas, pero para a exposición elixiu aproximadamente 20 obras que para ela son as máis representativas.
Finalmente, a exposición remata cos reencontros con abrazos a aquelas persoas que tanto botamos de menos durante o confinamento: pais e fillos, parellas... ou incluso abrazos a ese persoal sanitario que tanto nos coidou durante eses días.