Sábado, 1 agosto, 2020
Ás 22:00 en Bertamiráns
Os actores e veciños de Ames, Federico Pérez e Pepo Suevos, actúan hoxe en Bertamiráns:
A función terá lugar ás 22:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Pepo e Fede poñen en escena o espectáculo “A culpa é do sistema”
A entrada é de balde ate completar aforo.
"A culpa é do sistema" é un espectáculo interactivo no que o público terá un papel moi importante. Os asistentes á función poderán escoller entre varias opcións cada vez que se cambie de situación situación sobre o escenario. Pepo e Fede terán entón que adaptar os contidos da obra á demanda dos espectadores.