Viernes, 21 agosto, 2020
Ás 11:00
A praza de Manuel Murguía acolle hoxe entre as 11:00 e as 14:00 horas unha sesión de xogos deportivos ao aire libre, consistentes nunha diana de fútbol xigante e unha pista de slides.
A actividade, organizada polo Concellaría de Cultura, encádrase na programación de AmesON, programa de dinamización dos sectores económico e cultural de Ames.
A entrada é libre até completar aforo e realízase baixo as normas e medidas de seguridade que impón a loita contra o COVID19.
