Solapas principales

>Actividades e xogos populares en bici

Sábado, 19 septiembre, 2020
Ás 17:00 horas

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. A programación continúa o sábado, 19 de setembro, con actividades e xogos populares en bicicleta, que están dirixidos aos nenos e nenas de 4 aos 12 anos.

Estas actividades realizaranse no aparcamento da rúa Palmeiras, no Milladoiro. Cada neno e nenas que participen deberán levar a súa propia bicicleta, casco e máscara. Tamén haberá persoal de Protección Civil con xel hidroalcólico para que cada persoa participante desinfecte as mans e se cumpran as normas de hixiene para previr a Covid-19. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.