Solapas principales

O MillaRaio, único club galego que participará no VII Campionato Nacional

Viernes, 16 de octubre de 2020

O equipo Sub14 masculino do Club Atletismo MillaRaio participará a vindeira fin de semana no VII Campionato de España que se celebrará en nerja. Deste xeito, os atletas de Ames serán os únicos representantes de Galicia nesta competición na que foron seleccionados 15 equipos españois.

O Club MillaRaio, único representante galego na competición masculina, desplazará ata terras malagueñas a un equipo integrado por 8 atletas: Adrián Sesar, David Moreno, Jorge García, Nadir Moreira, Nuno Castro, Pablo Cariñena e Pablo Leiva, co reforzo de Alejandro González, pertencente a ao club filial Atlética a A Silva.

O MillaRaio participa nesta competición por séptimo ano consecutivo, e a expedición viaxará, grazas á colaboración con Addomo Arquitectura Modular, en autobús compartido coas ordenses da Atlética A Silva, que tomarán parte na competición feminina. Para tan longa viaxe, a froitería Tómate Más Fruta, de Bertamiráns e Santa Marta, suministrou avituallamento saudable. Os membros do equipo lucirán tamén unha equipación conmemorativa, cortesía de AmeSport.

Club MillaRaio.