Solapas principales

Éxito de participación na décima edición das xornadas Acércate á Igualdade

Martes, 24 de noviembre de 2020

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organizou os pasados días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate á igualdade e prevención da violencia de xénero. Este ano realizáronse por primeira vez de xeito virtual.  En total participaron máis de 300 persoas que aprenderon, debateron e intercambiaron coñecementos en tres obradoiros centrados na coeducación e no feminismo.

As restricións por mor da Covid-19 fixeron que a décima edición das Xornadas Acércate Igualdade se realizaran, por primeira vez, de xeito virtual. Isto beneficiou ás cifras de participación que, se en anos anteriores eran altas, este sorprenderon máis ao no haber límite de aforo. Por este motivo, e pensando naquelas persoas que teñan dificultades para acudir presencialmente, a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, non descarta que nas seguintes edicións se manteñan as xornadas en formato online. “Sorprendentemente, as xornadas tiveron unha acollida fantástica e por iso temos que agradecer a todas as persoas que se anotaron. Superou con creces a expectativas que tiñamos”, asegurou  concelleira.

 As xornadas deron comezo o martes 17 de novembro con Carol Herrera que, presentada por Luísa Feijóo, expuxo a súa charla “Quererse para querer: construíndo relacións saudables”, á que acudiron, virtualmente, 115 persoas. Neste taller traballouse a autoestima, o autocoñecemento, e o empoderamento persoal e colectivo como bases para construír relacións saudables. Mónica Rodríguez deu paso ao segundo obradoiro, o mércores 18, realizado por Laura Costoya. A traballadora social impartiu a charla "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade". Este encontro de 95 persoas, centrouse no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego ou ao proceso de emprendemento.

 As xornadas Acércate á Igualdade pecharon a súa programación o xoves 19 de novembro co obradoiro "Coeducación desde a infancia", impartido por Aixa Permuy. Nesta sesión, 105 persoas desfrutaron de diferentes actividades e xogos a través dos cales se pretendía traballar a construción e deconstrución de estereotipos fomentando así a participación dos máis pequenos e pequenas nas actividades para a promoción da igualdade, xerando conciencia dende a infancia.

Coral Herrera.

Multimedia

  • Laura Costoya.
  • Aixa Permuy.