- Tematica
A asociación de veciños e veciñas “O Reguiño”, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Nadal. Consistiu na colocación dun buzón para que os nenos e nenas da parroquia de Biduído, incluídos os do Milladoiro, poidan depositar nel as cartas que lle envían a Papá Noel. Ademais das cartas tamén lle poden enviar debuxos e contos.
Os nenos e nenas da parroquia de Biduído e máis do Milladoiro, poderán achegar os seus desexos ata o buzón instalado no Reguiño.
Esta iniciativa, da asociación de veciños “O Reguiño”, de Raíces e Casanova, pretende darlle a posibilidade aos nenos e nenas desta parroquia amesá de enviarlle a carta que lle escribiron a Papá Noel. Ademais, poderán enviarlle contos, debuxos e explicarlles como foi para eles este ano 2020.
O obxectivo é coñecer como foi o 2020 dende unha perspectiva infantil, así como é para os rapaces e rapazas, que viven nun entorno rural, a través dos debuxos e os contos.
O día 24 de decembro, os elfos e elfas recolleran as cartas cos desexos para enviarllas a Papá Noel, Entre o 31 decembro e o 5 de xaneiro, o buzón seguirá dispoñible para enviar as cartas ao Reis Magos.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destaca que “son de agradecer este tipo de iniciativas e máis nos tempos que estamos a vivir mostrando un rural activo e comprometido. Isto demostra que as asociacións están vivas e son motor de iniciativas de axuda e apoio como así o demostraron ao longo deste ano animando aos veciños e veciñas a participar en campañas como <Comparte do teu> ou no proxecto <Xeración Activa>”
Novas relacionadas:
Revista AmesGO: "Os nenos do Reguiño poderán enviar cartas de Nadal"