Solapas principales

A ANPA da Escola infantil municipal da Madalena organiza un programa de actividades formativas para nais e pais

Viernes, 29 de enero de 2021

A ANPA da Escola infantil municipal da Madalena invita a participar no programa formativo “Escola de Familias”, que inclúe tres obradoiro sobre a disciplina positiva, a xestión de rabietas e a nutrición pediátrica. Esta iniciativa pretende crear un espazo no que compartir experiencias e aprendizaxes en familia, así como achegar formación acorde ás etapas das crianzas escolarizadas na escola infantil da Madalena. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse anteriormente. Para máis información pódense por en contacto coa ANPA a través do enderezo electrónico anpamadalena@gmail.com. O Concello de Ames colabora nesta iniciativa.

Conscientes da grande responsabilidade actual dos pais e nais na crianza implicados coa conciliación, dende a ANPA da escola infantil municipal da Madalena, están a crear un espazo no que compartir experiencias e aprendizaxes en familia, poñendo a andar un proxecto cheo de ilusión e moito mimo, denominado Escola de Familias.

Este novo proxecto nace co obxectivo de abrir a posibilidade de achegar información e formación interesante acorde ás etapas das crianzas escolarizadas na escola da Madalena, tales como educación en positivo, taller de xestión de rabietas, nutrición e outros temas actuais e de interese, así como actividades de gozo compartido en familia como música.

As actividades que non se poidan desenvolver na modalidade presencial, debido ás restricións impostas polas Covid, tratarase de levalas a cabo coa formación online. As que o desfrute das crianzas merece o seu desenvolvemento en presencial, agardarase a que as medidas restritivas o permitan.

Primeiro bloque formativo de 2021
O primeiro bloque formativo de 2021 estará formado por tres actividades: obradoiro de disciplina positiva, impartido por Thalamus o vindeiro mes de febreiro. Os talleres continuará en marzo co de xestión de rabietas, da man de Marián Cobelas, e por último, no mes de abril, Nutrición Stellae impartirá a sesión que aborda o tema de nutrición pediátrica.

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse anteriormente. Terán prioridade os socios e socias da ANPA da Madalena, pais e nais da EIM A Madalena, o persoal que traballa no centro educativo e, por último, o resto de familias. A Escola de Familias non pertence a ANPA da Madalena, senón que a ANPA colabora neste proxecto.

Dende a ANPA da Madalena indican que este programa formativo desenvolverase sempre e cando se cumpran dous requisitos: que se cubran polo menos o 80% das prazas e que se financien os custes da primeira xornada de formación. As doazón son voluntarias, aínda así para ter unha orientación, unha achega de 10 euros sería suficiente para por en marcha a primeira xornada.

Esta iniciativa levarase a cabo coas doazóns tanto das familias da escola como de toda persoa, empresa ou entidade que queira prestar o seu apoio a este proxecto. Para máis información pódense por en contacto no enderezo de correo electrónico da ANPA anpamadalena@gmail.com.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Obradoiros sobre disciplina positiva, rabietas y nutrición en A Madalena"

cartel ANPA A Madalena.

Multimedia

  • cartel ANPA A Madalena.