Solapas principales

O MillaRaio acada cinco medallas no Campionato de Galicia sub16 de pista cuberta

Lunes, 15 de marzo de 2021

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado, 13 de marzo, no Campionato galego sub16 de pista cuberta acadaron cinco medallas (unha de ouro, dúas de prata e dúas de bronce). Acadaron uns excelentes resultados nas probas que competiron mellorando as súas propias marcas persoais. 

Os atletas do Club de atletismo MillaRaio continúan acadando grandes resultados. Nesta ocasión, participaron este pasado 13 de marzo no Campionato de Galicia sub16 de pista cuberta celebrado en Ourense. Os atletas do clubs amesán conseguiron 5 medallas e practicamente todos eles lograron mellorar as súas propias marcas persoais.

Deste xeito, Noel Ferraces proclamouse campión galego no salto de altura cunha marca de 1.65 metros (a súa mellor marca persoal). Na proba de lonxitude, os atletas do Club de atletismo MillaRaio conseguiron dúas medallas: unha de prata para Alejandro Jiménez (5.44 metros) e outra de bronce para Noel Ferraces (5.42 metros). Ambos melloraron as súas marcas persoais. Ademais, Alejandro Jiménez quedou a só 17 centésimas do podio en 300 metros, sendo cuarto nesta proba con 39.32 e tamén conseguindo a súa mellor marca persoal.

Por outra banda, Álvaro Francos foi subcampión galego no salto con pértega con 2.84 metros e mellor marca persoal, mentres que Lucas Dagnac acadou o bronce no triplo salto con 11.29 metros e tamén conseguindo a súa mellor marca persoal. Irene Rodiles participou nos 60 metros cun rexistro de 8.91 na súa semifinal.

Os atletas que se estreaban na categoría melloraron tamén as súas marcas. Pablo Cariñena clasificouse para a final de 60 metros, na que foi sétimo con 7.89 na súa semifinal, e foi sétimo tamén en lanzamento de peso, con 9.02 metros. Álex Cabo foi quinto en peso con 9.39 metros e mellorou tamén na proba de 60 metros cun tempo de 8.11 na súa semifinal. Lucas Pena foi sétimo en triplo con 10.34 metros e Pablo Leiva acadou a oitava posición en peso con 8.40 metros.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cinco metales del Millaraio en el Autonómico de categoría sub-16"

Noel Ferraces, Ouro Altura

Multimedia

  • Alejandro Jimenez, Prata; Noel Ferraces, Bronce Lonxitude
  • Alvaro Francos, Prata Pertega
  • Lucas Dagnac, Bronce Triple