Solapas principales

Consulta a actualización das restricións de nivel D para o concello de Ames que entran en vigor este venres 19 de marzo

Jueves, 18 de marzo de 2021

A Xunta de Galicia publicou no DOG este mércores, 17 de marzo, a actualización das medidas para facer fronte á Covid-19, que entran en vigor ás 00.00 horas deste venres 19 de marzo de 2021. O Concello de Ames atópase en nivel D cunha unha incidencia inferior a 150 casos por 100.000 habitantes. Deste xeito, amplíase ata as 21.00 horas o horario de peche da hostalería. Tamén se amplía o aforo ata o 50% no interior dos establecementos hostaleiros e ata o 75% nas terrazas. Os responsables de establecementos hostaleiros teñen tres días para actualizar a información destinada aos usuarios/as en canto ao aforo (carteis con código QR). Tamén se amplía o aforo nas instalacións deportivas. En espazos de uso privado SÓ se permiten xuntanzas de CONVIVENTES. É moi importante seguir cumprindo as medidas de restrición para non dar pasos atrás. Preme nesta ligazón para consultar a actualización das medidas que entran en vigor.

A Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias publicou este mércores, 17 de marzo de 2021, a ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e mailo Decreto 45/2021 do 17 de marzo polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Deste xeito, o concello de Ames dende ás 00.00 horas deste venres, 19 de marzo, pasa a estar no nivel D de restricións, xa que ten unha incidencia inferior a 150 casos por 100.000 habitante. Aínda así, incídese en que é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

Dende as 00.00 horas deste venres, 19 de marzo, permítese a mobilidade por toda Galicia, excepto a entrada e saíde de Maside, Paradela e Vilardevós. Non estará sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulten de aplicación as limitacións establecidas. En todo caso, recoméndase limitar a mobilidade o máximo posible. A restrición de mobilidade nocturna mantense co comezo ás 22.00 horas e remate ás 6.00 horas.  

Restricións ás agrupacións de persoas
En Ames a permanencia de grupos de persoas limítase a un máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos ou ao aire libre de uso público. En espazos de uso privado, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. En todo caso, recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.

Hostalería e restauración
Dentro do termo municipal de Ames, os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 75% da capacidade máxima permitida con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez, e tamén servizo no interior cunha ocupación do 50%. Non se poderá prestar servizo na barra.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser so caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.

O horario de peche ao público será ás 21.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios. Para o cálculo das ocupacións, así como para a aplicación doutras medidas específicas, observaranse ás medidas aprobadas pola da consellería competente en materia de sanidade no marco do Plan de hostalaría segura.

Cómpre destacar que os responsables de establecementos hostaleiros teñen tres días para actualizar a información destinada aos usuarios/as en canto aos aforos (carteis con código QR).

Outras medidas importantes
-No comercio o aforo é do 50% e pechará ás 21.30 horas.
-O mercado ambulante volve a celebrarse en Bertamiráns os sábados.
-En vehículos particulares permítese só viaxes de CONVIVENTES, agás en desprazamentos de traballo ou ensino que se poderá compartir vehículo con persoas NON CONVIVENTES.
-As instalacións deportivas están abertas. Permítense grupos de ata 4 persoas non conviventes na práctica deportiva interior e de 6 ao aire libre.
-Pódense realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo).
-Están abertos os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre con limitación de aforo.

Cartel coas medidas de restrición actualizadas a 19 de marzo de 2021

Multimedia

  • Cartel coas medidas actualizadas para o sector hostaleiro