Solapas principales

O xogador de baloncesto David Navarro presenta en Ames “O soño de Liam”

Jueves, 15 de abril de 2021

O Pazo da Peregrina acolle este venres, 16 de abril, ás 17.30 horas, a presentación do libro “O soño de Liam”, de David Navarro Brugal. A concelleira de Cultura acompañará ao autor na presentación desta obra que fala dos soños e do espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto. O acto encádrase dentro da programación especial que co gallo do mes do libro están levando a cabo as bibliotecas municipais de Ames.

David Navarro sitúa “O soño de Liam” nun territorio que coñece ben. O mundo do baloncesto serve de pano de fondo para falar dos soños e as arelas de calquera neno ou nena, do afán de superación e das posibilidades de acadar eses soños.

Enxeñeiro Informático e xogador profesional de baloncesto, David Navarro milita na actualidade nas filas do COB Ourense. Previamente pasou por todas as categorías do baloncesto español. O seu soño, semellante ao do seu personaxe, era xogar nunha das mellores ligas do mundo, a ACB. E conseguiuno! Entre os equipos dos que formou parte destacan o Power Electronics Valencia, o Blancos de Rueda de Valladolid e o Morabanc Andorra. Tamén xogou tres anos no Monbus Obradoiro, polo que é moi coñecido e moi querido na comarca de Compostela.

As bibliotecas presentaron este mes obras de Carlos Negro e de María López Sández e Marilar Alexandre. Para o xoves, 22 está prevista a presentación da obra de banda deseñada de Tomás Guerrero. As presentacións de libros incluídas na programación especial que polo mes do mes do libro están levando a cabo as Bibliotecas Municipais rematarán o 29 de abril coa presentación do texto que recolle as obras gañadoras do XVII Certame Literario de Ames e que reunirá en Ames aos gañadores e ás  gañadoras de esa edición do concurso. Emporiso, a axenda das bibliotecas xa ten marcadas varias presentacións máis para os vindeiros meses.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "David Navarro presenta O soño de Liam en Ames"

La Voz de Galicia: "Él es ingeniero informático, jugador profesional de baloncesto y escribe libros para niños"

O soño de Liam

Multimedia

  • cartaz O soño de Liam
  • Imaxe do soño de Liam