- Tipo
- Tematica
A obra de teatro do absurdo "O Montacargas", da compañía Ainé Producións, representarase en Bertamiráns ás 20.30 horas o vindeiro venres 23 de abril. A historia, adaptada por Evaristo Calvo, de 55 minutos, mestura o humor co horror. Aínda quedan entradas dispoñibles que se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.
O Montacargas é unha obra teatral escrita nun só acto por Harold Pinter no ano 1957 e que foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática "Teatro do Absurdo".
A historia transcorre arredor de dous homes, Ben e Gus, que están pechados nun cuarto, unha estancia miserablemente amoblada. As personaxes discuten sobre noticias de prensa e equipos de fútbol. Mentres avanzan no diálogo, Pinter dános a entender que se tratan de dous asasinos a soldo á espera de misteriosas ordes que unha organización ten que transmitirlles. A tensión da espera desemboca nunha conversa intranscendente.
A historia avanza cando, por medio dun montacargas, comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación de persoas que habitan na parte superior da estancia na que se atopan eles. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.
Esta adaptación de Evaristo Calvo está protagonizada por Federico Pérez y Santi Romay.