Solapas principales

O programa Trouleando invita á mocidade amesá a pasar unha xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín

Lunes, 03 de mayo de 2021

A Concellería de Mocidade organizou para o sábado, 29 de maio, unha xornada no Ecoparque Multiaventura (Marín-Pontevedra), onde a mocidade amesá poderá gozar de catro circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos e desfrutar dunha xornada de diversión e aventura salvando obstáculos como lianas, tirolinas, rocódromo, redes, pontes de mono, troncos, táboas... Esta actividade enmárcase dentro do programa Trouleando. O prazo de inscrición, que comeza mañá, martes 4 de maio, estará aberto ata o 11 de maio. As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición e envíala ao enderezo omix@concellodeames.gal. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Para este mes de maio, dentro do programa Trouleando, proponse unha divertida  xornada no Ecoparque Multiaventura (Marín-Pontevedra), onde as mozas e mozos de Ames poderán gozar de catro circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos e desfrutar dunha xornada de diversión e aventura salvando obstáculos como lianas, tirolinas, rocódromo, redes, pontes de mono, troncos, táboas,... para demostrar a súa habilidade e destreza en altura.

Dita actividade terá lugar o sábado, 29 de maio. Haberá servizo de autobús con saída dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 15.00 horas, e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 15.15 horas. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando ao Milladoiro arredor das 20.30 horas e a Bertamiráns ás 20.45 horas aproximadamente. Os participantes que sexan menores de idade deben ser recollidos na parada polos pais/nais/titores-as ou representantes legais.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, explica que “nesta ocasión vólvese optar por unha actividade de deporte de aventura dentro do programa Trouleando. Despois da boa acollida que tivo a actividade de rafting polo río Ulla organizada no pasado mes de abril, para este mes de maio óptase por unha xornada de multiaventura. Como nos meses anteriores esta actividade realizarase ao aire libre para cumprir todas as medidas fonte á Covid-19. Animamos aos mozos e mozas de Ames a que se inscriban nesta nova actividade coa que seguro van a desfrutar”.

Trámites para inscribirse
Para inscribirse hai que estar empadroado/a no Concello de Ames e ter entre 12 e 30 anos. Se queres participar tes que cubrir a ficha de inscrición e envíala ao enderezo omix@concellodeames.gal. O prazo de inscrición vai do 4 ao 11 de maio. As prazas son limitadas (por orde de chegada ata completar prazas). Ata que se remate o prazo de inscrición e se comproben os datos non se comunicará a admisión ou non da praza.

Para participar nesta actividade hai que levar calzado cómodo de suela dura (zapatilla deportivas ou botas de montaña), roupa cómoda, gorra, crema solar, máscara e no caso de telos, guantes sen dedos. A empresa aportará o restante material necesario (arnés, etc.).

Será preciso contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolver esta actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Calquera dúbida contacta coa OMIX no teléfono 616083229 ou no correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A excursión a Marín do 29 inclúe lianas e rocódromo"

Trouleando

Multimedia

  • Trouleando