Solapas principales

A Escola Municipal de Música celebra o Día das Letras Galegas cun vídeo protagonizado polo alumnado de música e movemento

Viernes, 14 de mayo de 2021

Co gallo da celebración das Letras Galegas, o vindeiro luns 17 de maio, os/as alumnos/as de música e movemento da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), xunto coa súa profesora, María del Carmen Giadáns, e varios colaboradores; gravaron un vídeo que xa se pode ver na canle de YouTube do Concello.

Nestes últimos meses, a Escola Municipal de Música de Ames acostuma a gravar vídeos do seu alumnado para que toda a veciñanza poda desfrutar, a través da canle de YouTube do Concello, das pezas musicais que interpretan con motivo da celebración de diferentes festas e eférides.

Esta vez, os protagonistas foron o/as máis pequeno/as da EMMA. Os grupos de “Música e Movemento” interpretaron a “Muiñeira de Santo Amaro”,  escrita pola súa a profesora, Marita Guiadáns.

Darío Seijo Vallejo, Enmanuel Andrés Salazar, Diego Avesani Lois, Simón López Antón, Guillerme Novo Álvarez, Antón Pampín González, Lola Fernández Sayáns, Lara Fábregas  Lalinde, Enma Valentina Fernández Rosas, Mathias Alejandro Morales Villanueva, Alma Baltar Armas, Minia Parcero Rodríguez, Simón Mas Otero e Juan Esteban Salazar Muñoz bailaron ao son da música.

Ademais, no vídeo aparecen alumnos de percusión. Iago Lourido Devesa cos axóuxeres, Lucas Salvado García co bombo, Matías e Lucas Munín Guiadáns, coa pandereita e co tambor, Pablo Rodríguez coa guitarra e Marita Guiadáns, a profesora, coa gaita. 

Novas relacionadas:

Revista Ames Go: "A Escola Municipal de Música ponlle son ao Día das Letras"

EMMA

Multimedia

  • EMMA
  • Embedded thumbnail for