- Tematica
14 integrantes do club amesá participaron no torneo galego nas categorías de sub 14, sub 8 e por equipos, tanto na categoría cadete coma na absoluta. Os deportistas da Escola Ames Xadrez tamén xogaron nas competicións a menor tempo, como son o Lóstrego e Rápido, e nos torneos sub 10, acadando a quinta posición, e sub 12, no noveno posto.
No torneo galego sub 14, no que participaron 5 nenos do club (Noel, Nico, Dani, Arán e Pedro) os nenos acadaron maior experiencia para futuros torneos.
O seguinte torneo á colación sería o sub 8, onde competiron Noé e Unai. Noé iniciouse no mundo dos torneos, nesta difícil competición, acercándose a metade dos puntos. En canto a Unai, remataría a contenda gañando un trofeo na quinta posición.Nesta categoría tamén destacar a Daniel Manrique, quen se alzou ca vitoria nesta categoría. A pesar de non ser membro do club, asiste regularmente ás clases.
Posteriormente, comezaron os torneos por equipos onde o club Escola Ames Xadrez participou con dous integrantes na categoría cadete e un na absoluta. Na cadete, o equipos dos menores, Gael, Arán, Unai e Alba rematarían de penúltimos. Cabe destacar que eran un dos equipos máis mozos da categoría, servindo de adestramento para vindeiros torneos. Respecto os maiores, Noel, Nico, Sergio e Diego, defenderíanse na metade da táboa. Na absoluta, Alberto, Roberto, Noel, Sergio, Arán e Gael, sendo un dos equipos máis novos, defendéronse na parte media-baixa da táboa.
Trala competición por equipo, chegou a quenda das competicións a menor tempo, como son o Lóstrego (ritmo de 3´+2´´) e Rápido (10´+5´´). Tralo aprazamento do torneo polo peche perimetral de Padrón (a vila da sede) pola Covid, participaron no Lóstrego Noel Casares, Pedro, Noel Leis e Unai, rematando na zona temperada os dous primeiros e na baixa os dous benxamíns. En canto ao Rápido, Pedro, Sergio e Roberto remataron a competición en torno a metade da clasificación.
Finalmente rematarían os torneos cas categorías sub 10 e sub 12, onde asistiron na primeira Unai, Sergio e Alba e na segunda Noel, Gael, Arán, Diego e Gael. Destacar a quinta posición de Sergio no sub 10 e a novena de Noel no sub 12. Do mesmo xeito, tamén citar o triunfo de Nico na categoría sub 12, quen a pesar de non ser do club, si que asiste ás clases.