- Tematica
A Concellaría de Mobilidade ven de colocar varias sinais, verticais e horizontais, nas zonas urbanas de Bertamiráns e do Milladoiro para indicar que o novo límite de velocidade nestas zonas é de 30 quilómetros por hora.
As vías que quedan fora desta norma son a Rúa da Madalena e a Avenida da Rosalida de Castro, no Milladoiro, e Alcalde Lorenzo e a Avenida da Peregrina, en Bertamiráns, xa que non son titularidade do Concello de Ames.
Beatriz Martínez, concelleira de Mobilidade, asegura que: “Sabemos que é unha norma impopular pero necesaria en moitos aspectos, fundamentalmente na seguridade viaria, xa que os accidentes de tránsito non só se reducen senón que as lesións que se sofren son de menor gravidade e o índice de mortes por atropelos vese reducido en un porcentaxe moi elevado”.
Por outra banda, a concelleira recordou que: “Debemos ter en conta que os percorridos inferiores a 1,5 quilómetros debemos facelos camiñando e non en vehículo privado. A mobilidade está mudando rapidamente, as cidades deben ser para as persoas, algo que puxo de manifesto a pandemia que estamos a vivir. Estou convencida que en pouco tempo estaremos acostumados a esta nova norma e veremos as vantaxes que nos aporta en moitos sentidos”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Cuatro calles de Ames, fuera del límite de tráfico a 30 kilómetros por hora"