- Tematica
O club Os Esfola Arrós competiu na Epic Race Pontevedra con sete ciclistas. A proba celebrouse na Cañiza e contou cunha gran participación debido a que foi a primeira celebrada dende hai ano e medio por mor da pandemia do coronavirus. A próxima proba da Copa Galicia Cross Country está prevista que se realice en Cambre en pouco máis dun mes. Os Esfola Arrós agardan poder asistir á que será a segunda proba desta competición.
Ramón Castro sería o máis aventureiro xa que se inscribiu en individual na Epic Race 200 quilómetros. Catro etapas contra o crono con un desnivel aproximado de 4000 metros farían sacar o mellor de Ramón para ser finalista desta proba, acabando cerca do Top20 da proba.
Jorge Pérez, Uxío Canosa e Agustín Castro formaron o equipo 2. Despois dunha brillante carreira por parte dos tres integrantes, fixéronse cunha espectacular segunda posición en equipos de 3.
Ángel Romar, Nacho Casal e José Luís Tasende constituíron o equipo 3, cunha boa carreira na que nos compases iniciais da proba rodaron en posición cabeceiras pero pequenos errores fixéronlles perder tempo, acabando finalmente en 7° posición.