Solapas principales

Inscríbete nas actividades de Aquagym e Ioga

Lunes, 28 de junio de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As sesións de ioga impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym será en horario de tarde. Para inscribirse nas clases de ioga precísase inscrición a través da plataforma Cronos. (Reserva a túa clase en eventos). Para acudir ás de aquagym, non se necesita inscrición previa.

A Concellaría de Deportes acaba de publicar unha nova proposta de actividades para os meses de xullo e agosto. Deste xeito, impartiranse sesión de ioga e de aquagym.

A actividade de ioga será os martes e xoves nos xardíns das piscinas descubertas do Milladoiro, mentres que os mércores e venres impartirase nas de Bertamiráns. En ambas localidades dita actividade impartirase ás 10.00  e rematará ás 11.00 horas. Existen 12 prazas dispoñibles. Para inscribirse precísase inscrición a través da plataforma Cronos. (Reserva a túa clase en eventos).

As sesións de aquagym desenvolverase os martes na piscina descuberta de Bertamiráns e os mércores na piscina descuberta do Milladoiro. En ambas localidades, esta actividade comezará as 16.00 horas e terá unha duración de 45 minutos. Non se precisa inscrición previa.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Clases de yoga y aquagym para un verano en forma"

Inscríbete nas actividades de Aquagym e Ioga acuático

Multimedia

  • Inscríbete nas actividades de Aquagym e Ioga acuático